martes, 17 de octubre de 2017

Atención, comunicado da Sociedade Galega de Historia Natural:
A SGHN diante da proliferación de receitas para axudar a paliar a lamentable situación na que quedan os montes despois desta vaga de incendios, manifesta o seguinte:

- Desaconsellamos fortemente o emprego indiscriminado de sementes para cubrir as zonas queimadas.
- É difícil, cando non imposible, atopar sementes autóctonas garantidas tanto na súa orixe (do mesmo lugar de onde se vai sementar) como que se correspondan realmente a especies autóctonas.
- Na meirande parte dos casos non se sabe realmente o que se vai botar e os posibles efectos perniciosos que no futuro poidan ter: especies vexetais exóticas invasoras.
- En moitos sitios non se debería pisar tralos incendios, pois acelera o proceso de erosión coas choivas e a compactación do solo.
- Desaconsellamos enerxicamente o emprego de especies pratenses (as usadas para os campos de herba, pradarías artificiais, etc) pois son en moitos casos especies alóctonas, algunhas delas de carácter invasor (que logo reducirán a posibilidade de asentarse as especies autóctonas).
- O emprego inaxeitado de sementes é unha preocupación grave en EEUU. En moitos estados esíxese que as sementes estean certificadas conforme están libres de especies alóctonas e invasoras.
- Un mal menor sería empregar cereais, pero deberían ser estériles para que unha vez completado o seu proceso non deixaran pegada.
- Unha boa intención non ten por qué dar bos resultados.

Ao cal eu engado:  pregunta antes de facer se non sabes.

Grazas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario