ALADOS MEDIOAMBIENTE INFORMA;
🌳UN CHAMAMENTO Á CALMA🌳
💚Amigxs o primeiro vos damos as GRAZAS a todos os que vos ofrecedes para axudar. Sodes moitísimos. E é moi complicado loxísticamente xestionar todo isto con tan POUCOS MEDIOS.
⏰Por agora precisamos TEMPO para poder falar coas COMUNIDADES DE MONTES AFECTADAS porque será a elas a quenes axudaremos nos traballos que precisen.
Tamén precisamos, antes de saír a traballar ao monte, agardar a que o chan non estea ardendo.
Ademáis estamos tratando de organizarnos con outras Asociacións ambientais de todo o territorio coas que nos organizaremos a través deste GRUPO DE FACEBOOK para ir COMUNICÁNDOVOS OS DIVERSOS CHAMAMENTOS Á PARTICIPACIÓN CIDADÁ que vaian xurdindo. Xa sexan da nosa parte, ou doutras entidades.
🌳A nosa asociación Alados Medioambiente loxísticamente non ten a capacidade de xestionar o traballo de todos vós porque sodes moitísimos. Alecrin Actividades y Aventura e Ecosistemas están tamén desbordados.
👉 QUE IMOS A FACER?
PARA PODER CANALIZAR A VOSA PARTICIPACIÓN e que todos os que queredes axudar poidades facelo IMOS A:
🔵ABRIR O GRUPO PARA MELLORAR A COMUNICACIÓN para que calqueira Comunidade de Montes, Asociación (ambientais, de veciños, etc) que PRECISE AXUDA POIDA PUBLICALO NO GRUPO E LOGRAR ASÍ OS VOLUNTARIOS QUE NECESITE.
🔵DIFUNDIR O PROTOCOLO QUE DESCRIBE CÓMO ACTUAR NOS TERREOS QUEIMADOS. Que nos facilita amablemente Amigos da Terra e que estará DISPOÑIBLE nos ARQUIVOS deste mesmo grupo.
🔵FACER UN LISTADO POR COMARCAS DE PERSOAL CUALIFICADO (Enx. forestais, Enx. montes, biólogos, etc): Para ter profesionais dos que botar man e que AXUDEN nos diversos traballos de campo que poidan xurdir. Xa sexa coa nosa asociación ou outras entidades, comunidades de montes, etc. Nós non somos os únicos que van precisar axuda.
👉 CÓMO ACTUAREMOS?
🔵Cada vez que recibamos un aviso de CONVOCATORIA DE TRABALLO ou que creemos Nós un, na que PRECISEN VOLUNTARIOS faremos un EVENTO neste GRUPO no que poderedes consultar o lugar onde se celebra e ao que VOS PODEREDES INSCRIBIR e atopar cómo contactar coa Comunidades de Montes / Asociación /Entidade que precise esa axuda.
🔵Todos os que COÑEZADES OUTROS CHAMAMENTOS Á PARTICIPACIÓN podedes CREAR O EVENTO NESTE GRUPO para dalo a coñecer aos demais e que poidades participar neles.
‼IMPORTANTE‼: Non debedes saír ao Monte a facer as cousas ao loco SIN COÑECEMENTOS E SIN COLABORAR COAS COMUNIDADES DE MONTES.
Así que MOITÍSIMAS GRAZAS a todos, pero dádenos un pouco de tempo!
Charlie Gallego 672032314 Vigo
ResponderEliminar